A Esfera Celeste
Dende antiguo o movemento celeste considerouse como unha das probas fundamentais para afirma-la inmutabilidade da Terra no centro do Universo. De feito o propio movemento terrestre fainos crer nun orquestado movemento celeste do cal podemos extraer unha serie de consecuencias inmediatas :
Precisamente, partindo deste feito, está claro que os nosos sistemas de posicionamento estelar non teñen en conta a distancia real das diferentes estrelas á Terra e só fan referencia a un sistema de dúas coordenadas.
A Esfera Celeste é,
por tanto, unha esfera concéntrica ó noso planeta e dun radio
arbitrario (xa que, como dixemos, non temos en conta a distancia real ás
estrelas). Si prolongamos o eixe
terrestre imaxinariamente ata a esfera celeste podemos definir os polos
celestes, que, por analoxía cos terrestres, denomínanse
Norte e Sur. Da mesma maneira prolongando o ecuador terrestre definimos
o ecuador celeste. Seguindo coas mesmas
analoxías definimos os paralelos
e os meridianos celestes.
Por outra banda, o punto situado
na perpendicular sobre a cabeza do observador denomínase cénit,
e o punto oposto a este (o que estaría baixo os pés do observador)
recibe o nome de nadir. O círculo
máximo (é dicir, o círculo imaxinario que presenta
un radio igual ó da esfera de “estrelas fixas”) perpendicular á
vertical do lugar de observación chámaselle horizonte
do lugar. Finalmente, o meridiano que, unindo os polos celestes, pasa
polo cénit do lugar recibe o nome de meridiano
local.